Cantís Darte
Artes Plásticas e Visuais do I.E.S. Elviña
miércoles, 30 de marzo de 2011
_FRECUENCIAS_ MACUF 1º E.S.O.
O pasado 29 de marzo fixemos unha visita ó Museo de Arte contemporáneo da Coruña (MACUF) con todo o alumnado de 1º. E.S.O. a actividade consistiu nunha breve explicación sobre a exposición de 'FRECUENCIAS' de Eugènia Balcells e un obradoiro relacionado coa cor, a continuación adxuntamos información sobre a exposición a mais de fotografías e videos da nosa visita. Agardamos que vos guste!


martes, 22 de marzo de 2011
_ polígonos estrelados _
Son exercicios realizados polos alumnos de 1º E.S.O. do curso 2oo9|2o1o, partindo dunha circunferencia e coa axuda de compás e regras propónselles realizar unha composición estética baseándose nos polígonos estrelados ( http://es.wikipedia.org/wiki/Estrella_(figura_geom%C3%A9trica) ), a continuación algúns exemplos.
Para ver cómo se elabora un polígono estrelado entrade na seguinte dirección:
diríxete a Alumnos > Contenidos > G.Métrica > Polígonos > Polígonos Regulares > Polígonos Estrellados
_mosaicos_ curso 2oo9|2o1o
A seguir poñemos algúns exemplos de exercicios realizados polo noso alumnado de 1º da E.S.O. no curso pasado, trátase de mosaicos ( http://es.wikipedia.org/wiki/Mosaico ) nós damos a cada alumno unha cuadrícula onde eles teñen a liberdade de debuxar o que queiran, que o poder da imaxinación se apodere deles, eiquí temos a mostra dalgúns resultados:
lunes, 21 de marzo de 2011
_ pequeno azul e pequeno amarelo _
Os nosos alumnos están a traballar cos tratamentos de cor, eiquí deixamos un video interesante que non conta o conto de 'pequeno azul e pequeno amarelo' e como a súa amizade lles leva a descubrir as novas cores que xuntos poden crear. Ainda que infantil é un video que explica moi ben a mistura de cores! Agardamos que vos guste!
En breve subiremos traballos elaborados polos alumnos.
En breve subiremos traballos elaborados polos alumnos.
_ entramos en acción _
O alumnado do I.E.S. Elviña ten moito talento, e chegou o momento de dalo a coñecer! dende o departamento de Artes Plásticas e Visuais poñemos o noso gran de area para por en valor os traballos realizados polos nosos alumnos. Neste blog atoparemos dende traballos feitos, ata exemplos a seguir, só agardamos que vos guste e que, sobre todo, PARTICIPEDES!
Imos aló!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)












